sábado, 21 de julho de 2012

CONVOCATORIA - ESPANHA

Tema. O tema proposto para esta convocatoria é a creatividade.
.- Técnica. Os artistas son libres de utilizar calquera técnica (pintura, debuxo, fotografía, collage, poesía visual…).
.- Medidas. Calquera aceptada polos servizos postais, máximo DIN A4 (29,7 x 21 cm, ou 21 x 29,7 cm).
.- Nº traballos. Cada artista pode enviar ata un máximo de 3 traballos.
.- Enderezo de envío. As obras deberán ser enviadas a:
Simbolóxico
Rúa de San Pedro, 36, baixo.
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
España
.- Datos. As obras deberán acompañarse da seguinte información:
- Nome e apelidos da persoa autora, grupo ou colectivo.
Se prefires que a obra apareza con pseudónimo ou de xeito anónimo terás que indicalo.
- Título da obra. É opcional acompañalo dun breve comentario sobre a creación.
- Datos de contacto: enderezo postal e email.
- Blog / web … Se queres que figuren na exposición deberás indicalo.
.- Espazos expositivos. A convocatoria inclúe dous espazos expositivos: online e físico
-Online. A recepción de traballos non ten data límite. Todos os traballos exhibiranse na
web de Disquecool e/ou nas redes sociais do medio
- Física. Os traballos deberán chegar ao enderezo indicado como data límite o 13 de setembro. Todas as obras recibidas ata esa data formarán parte dunha exposición que albergará a sede da Asociación Cultural Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro, nº 100. 36002 Pontevedra, España). A exposición inaugurarase o 15 de setembro, coincidindo coa Disquefesta que Disquecool e o Liceo Mutante celebrarán ese día.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
.- Non se realizará ningunha selección.
.- Os contidos ofensivos serán rexeitados.
.- As obras non estarán á venda e non serán devoltas. Quedarán en poder de Disquecool, quedando a colección a disposición de institucións e persoas físicas se así o solicitan, de cara a posteriores exposicións, estudos e traballos de investigación.
.- Os artistas terán notificación de futuras mostras da colección.
.- As obras non terán seguro. A organización non sei fai responsable das posibles perdas ou deterioracións dos orixinais, nin das tardanzas ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros, que poida afectar aos envíos das obras participantes.
.- A propiedade intelectual é das autoras e autores das obras, e o dereito de reprodución e copia das persoas autoras e da organización.
RESUMO DATAS IMPORTANTES
4 de xullo – apertura de convocatoria
13 de setembro – data límite para a recepción postal de obras
15 de setembro – inauguración da exposición
MÁIS INFORMACIÓN
lucia@disquecool.com (ou info@disquecool.com) / www.disquecool.com

Nenhum comentário:

Postar um comentário