Saúdanos ti tamén
e mándanos a túa visión da saúde...
A Universidade de Vigo, por medio da Unidade de Cultura Científica e o Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública MP1, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de Arte Postal coa saúde e a arte como fío condutor:
SaudArte 2010
no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras podan ser enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade, e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel fundamental.
As bases da convocatoria e un cuestionario sobre hábitos saudables están dispoñibles na web de Saudarte 2010:
Podedes remitir as vosas obras antes do 31 de outubro a:
Convocatoria de Arte Postal 'SaudArte'
A/A de Lourdes Maceiras
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública E.U. Fisioterapia Campus Universitario
36005 Pontevedra
Ou por correo electrónico a: saudarte@uvigo.es
Animámosvos a participar nesta iniciativa de promoción da saúde a través da arte.
[ Información sobre Arte Postal:
Saúdos
*******************************************
José Jato Darriba
Unidade de Cultura Científica
Universidade de Vigo
Oficina de I+D (OTRI)
T. 986 818 651
F. 986 812 140